Thursday 09 de May de 2024

O Museo do Traxe, sede dun taller contra a violencia de xénero organizado por Cruz Vermella


O Museo do Traxe Juanjo Liñares foi punto de encontro esta fin de semana para a mocidade de Ordes, que non deixou pasar por alto o taller contra a violencia de xénero. Unha iniciativa organizada por Cruz Vermella en colaboración co Concello de Ordes, e coa que se pretende incidir na loita contra esta lacra social.